Amosando publicacións coa etiqueta Prácticos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Prácticos b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 21 de xaneiro de 2018
martes, 5 de decembro de 2017
mércores, 22 de novembro de 2017
ACTIVIDADE VOLUNTARIA: Elaboración e comentario dun climograma
Como construír un climograma?
1. Coa axuda dunha regra, traza o eixo horizontal e divídeo en doce partes iguais, unha por cada mes do ano. Escribe debaixo as iniciais dos meses.2. Logo, debuxa o eixo vertical. Primeiro, no eixo vertical esquerdo representa as temperaturas en intervalos regulares e anota os valores, de cinco en cinco ou de dez en dez graos.
3. Despois, no eixo vertical dereito anótanse os valores das precipitacións. Lembra que o valor das precipitacións debe ser o dobre do da temperatura á mesma altura.
4. Traslada os valores das temperaturas ao gráfico, debuxando un punto á altura correspondente no centro de cada mes. Cando remates, une todos os puntos cunha liña vermella.
5. Traslada os valores das precipitacións ao gráfico. A altura de cada barra indicará as precipitacións totais de cada mes.
Os datos para a elaboración do climograma son os seguintes:
DATA DE ENTREGA (LÍMITE): 05/12/2017
luns, 20 de novembro de 2017
ABAU setembro 2012. Opción B. Mapa de temperaturas
2. Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):
a) Localice cinco sistemas montañosos con temperaturas medias inferiores a 7,5ºC (1 punto).
b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:
-Identifique o documento e relacione as áreas coas mesmas temperaturas coas zonas xeográficas ás que correspondan. (1 punto)
-Explique os factores xeográficos e termodinámicos que condicionan as áreas con temperaturas superiores a 15ºC (1 punto).
-Relacione as áreas de temperaturas inferiores a 15ºC cos dominios climáticos aos que corresponden (1 punto).
SOLUCIÓN na páxina 14
ABAU xuño 2013. Opción B. Advección do Oeste
2.Atendendo aos documentos, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):
a) Localice as provincias numeradas do 1 ao 4 (Figura 2), indicando cales están en alta e cales están en baixa presión (1 punto).
b) Comente o documento (Figura 1) seguindo as seguintes cuestións:
- Identifique o tipo de documento, as figuras isobáricas, frontes e a localización - grandes trazos- dos mesmos (1 punto).
- Masas de aire e ventos dominantes nas distintas áreas de España (1 punto).
-Situación meteorolóxica e tipos de tempo que cabe esperar nas comunidades de Galicia e de Canarias, significando as diferenzas de temperatura, humidade e precipitación (1 punto).
ABAU setembro 2014. Opción B. Mapa de precipitacións
2. Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):
a) Localice cinco sistemas montañosos con precipitacións acumuladas anuais superiores a 1.000 mm (1 punto).
b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:
-Identifique o documento e relacione as áreas coas mesmas precipitacións acumuladas coas zonas xeográficas ás que correspondan (1 punto).
-Explique os factores xeográficos e termodinámicos que condicionan as áreas con precipitacións acumuladas superiores aos 1.000 mm (1 punto)
-Relacione as áreas con precipitacións acumuladas inferiores aos 400 mm cos dominios climáticos aos que correspondan (1 punto).
SOLUCIÓN na páxina 17 do documento
ABAU setembro 2017. Opción B. Tempo do Norte
2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):
a) Localice e identifique as provincias numeradas do 1 ao 4, indicando cales están en alta e cales en baixa presión (1 punto).
b) Comente o mapa do tempo Seguindo as seguintes cuestións:
•Identifique o tipo de documento, as figuras isobáricas, frontes e a localización –a grandes trazos- dos mesmos (1 punto).
•Masas de aire e ventos dominantes nas distintas áreas de España (1 punto).
•Situación meteorolóxica e tipos de tempo que cabe esperar no norte peninsular (1 punto)
Solución na páxina 23 do documento
mércores, 25 de outubro de 2017
Como comentamos unha folla do Mapa Topográfico Nacional?
1. Un mapa é unha representación da superficie esférica da Terra sobre un plano. Hai dous tipos de mapas: básicos e temáticos. Un mapa básico obtense de realizar medicións directas da superficie terrestre mediante diversos procedementos. Os máis empregados son os mapas topográficos, como, por exemplo, o Mapa Topográfico Nacional (MTN). Un mapa temático obtense a partir dos mapas básicos e representan algún fenómeno xeográfico concreto (climas, recursos económicos, relevo, etc.).
2. O MAPA TOPOGRÁFICO NACIONAL (MTN): é un mapa básico que representa os aspectos físicos e humanos máis notábeis dunha determinada zona do territorio español.
Pasos a seguir para o comentario dunha folla do MTN: (pincha aquí)
Tamén tedes á vosa disposición dos mapas topográficos das áreas de Betanzos e Santiago de Compostela.
Ademais, aquí tedes unha presentación máis completa sobre como facer un comentario dun mapa topográfico:
domingo, 22 de outubro de 2017
Comentario do mapa litolóxico de España
Aquí vos deixo un comentario do mapa litolóxico de España. Á hora de organizalo discrepo de algún punto, como o de incluír as formas de modelado, pero agardo que, de todos xeitos, vos resulte útil.
Comentario mapa litolóxico España (premer ligazón)
luns, 9 de outubro de 2017
xoves, 5 de outubro de 2017
Como comentamos un mapa temático?
O
comentario do mapa debe seguir os seguintes pasos:
a)
Aspectos
xerais:
• Observación e lectura do mapa
• Identificación do tipo de fonte: comentar que tipo de mapa estamos a
analizar.
• Fenómeno xeográfico representado: consultamos o título do mapa;
referímonos ao espazo xeográfico no que se centra e a data. Fonte de
procedencia de datos, se consta.
b)
Comentario:
• Definición do fenómeno xeográfico representado.
• Caracterización da súa localización e
distribución:
diferenciación das áreas e as características de cada unha delas.
• Explicación do fenómeno ao que se
refiren os datos:
causas e consecuencias da súa distribución. Se procede, pódese establecer unha
comparación con outros países ou territorios do entorno. Por último,
indicaranse as previsíbeis tendencias cara o futuro.
c)
Conclusión: mencionaránse os aspectos máis
importantes do tema ou temas representados nun breve resumo. Tamén se pode
achegar a opinión persoal, sempre que estea ben xustificada e explicada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














